top of page

Todo listo para o Sorteo de Nadal: Información oficial

Querida familia coral de FECOGA:


Apenas faltan uns minutos para que comecen a xirar os bombos e a ilusión do Sorteo Extraordinario de Nadal inunde as nosas casas.

Antes de que comece o soniquete dos nenos e nenas de San Ildefonso, queremos facervos chegar o documento oficial adxunto (PDF).


Nel atoparedes toda a información detallada e validada sobre os talonarios que xogamos hoxe, así como a relación daqueles que foron anulados ou devoltos.


Oxalá a sorte nos sorría este ano! Sería unha marabilla poder celebrar un premio compartido entre todas as persoas que formamos parte desta federación.


De todos os xeitos, saibades que o verdadeiro premio é seguir contando coa vosa confianza e apoio un ano máis. Grazas por facer posible que a Federación Coral Galega siga medrando e por manter viva a nosa música.


Vémonos moi pronto nos escenarios e nos concertos.


Desexámosvos moita sorte no sorteo, unhas moi Felices Festas e un aninovo cheo de harmonía e proxectos compartidos.


Un saúdo cordial,








 
 
 

Comentarios


bottom of page