Lotaría de Nadal🎄
- fecogasocial
- 1 sept
- 1 Min. de lectura
Estimados/as coralistas,
Unha vez finalizado o período vacacional, agardamos que o novo curso se inicie con éxito para todos e todas! 🎶
Queremos informarvos de que xa están dispoñibles as participacións da Lotería de Nadal de FECOGA. Como novidade, este ano cada participación xoga catro números distintos: o 65080, o 97192, o 92301 e o 24019, co obxectivo de incrementar as posibilidades de premio. 🤞
Cada participación ten un custo de 5 €, dos cales 4 € correspóndense co importe xogado e 1 € é un donativo para o apoio económico das corais federadas e as actividades que se realizan desde FECOGA. 🙏
As participacións veñen agrupadas en talonarios de cincuenta unidades. Por cada talonario que un coro venda, FECOGA obsequiaralle con catro participacións adicionais. 🎁
Para reservar os talonarios, podedes escribir un correo electrónico a lotaria@coros.gal
Agradecemos de antemán a vosa colaboración e desexámosvos moita sorte! ✨

Comentarios