top of page

Listaxe Admitidos I Certame Coral Galego

A organización do Certame Coral Galego comprácese en comunicar a resolución do proceso de selección, facendo pública a listaxe definitiva de coros admitidos para participar na vindeira edición.



Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todas as agrupacións que presentaron a súa candidatura. 


As xornadas do certame darán comezo o venres 31 de outubro e o sábado 1 de novembro ás 16:00 horas. É requisito indispensable que todos os coros participantes se atopen presentes no Auditorio Fontán á hora indicada para a correcta organización do evento.



Durante as vindeiras semanas, a organización porase en contacto con cada un dos coros admitidos para facilitar información detallada sobre os horarios e demais aspectos loxísticos.



Felicitamos a todos os seleccionados e agradecemos, unha vez máis, o interese e a participación de tódalas corais. Agardamos con ilusión poder compartir con todos vostedes unhas magníficas xornadas de música e convivencia.


Unha cordial aperta,


Directiva de FECOGA






 
 
 

Comentarios


bottom of page