II Concurso Coral Infantil e Xuvenil de ACOPOVI co apoio de FECOGA
- fecogasocial
- hace 3 días
- 1 Min. de lectura
A Asociación de Corais Polifónicas de Vigo (ACOPOVI) convoca a segunda edición do seu Concurso de Coros Infantís e Xuvenís, un certame que busca sementar o futuro do canto coral e vincular á mocidade con esta gran tradición musical.
Dende a Federación Coral Galega (FECOGA) apoiamos firmemente esta iniciativa, participando activamente como patrocinadores do 1º Premio da Modalidade A (Coros Infantís), dotado con 1.000 € e diploma, para impulsar o traballo dos máis pequenos.
Detalles do certame:
📅 Datas: 17 e 19 de maio de 2026.
📍 Lugar: Teatro Afundación de Vigo.
⏳ Límite de inscrición: Ata o 28 de febreiro de 2026.
O concurso está aberto a colexios, institutos, conservatorios, escolas de música e asociacións de toda Galicia. Animamos a todas as agrupacións a consultar as bases e formalizar a súa participación para vivir esta experiencia de enriquecemento musical e compañeirismo.
👉 Consulta aquí as Bases Completas e accede á ficha de inscrición:

Comentarios