I CURSO DE REELS
- fecogasocial
- 24 jul
- 1 Min. de lectura
Estimadas corais federadas,
Na Federación Coral Galega (FECOGA) cremos que a nosa voz debe resoar máis aló dos auditorios. Por iso, temos o pracer de anunciarvos o I Curso de Reels:
Data: Martes, 16 de setembro de 2025.
Lugar: Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela).
Horario: De 16:00 a 20:00 horas.
Este curso práctico e intensivo centrarase na creación de vídeos curtos, unha ferramenta que está a transformar a visibilidade en plataformas como Instagram e Facebook.
Esta é unha oportunidade única para que as vosas corais aprendan, de forma sinxela e directa, a crear contido atractivo que conecte con novos públicos e reforce o vínculo coa vosa comunidade. Non a deixedes pasar!
As bases completas do curso adxútanse a este correo. Nelas atoparedes toda a información detallada sobre os contidos, datas, requisitos e proceso de inscrición. Podedes apuntarvos no seguinte formulario de inscrición.
Estamos seguros de que este curso será de gran utilidade para todas as nosas agrupacións.
Un cordial saúdo,
Federación Coral Galega
Bases:

Comentarios