top of page

I Certame Coral Galego

Estimadas corais federadas,


Temos o pracer de anunciar a convocatoria do I Certame Coral Galego, organizado pola Federación Coral Galega (FECOGA).

Este certame nace co obxectivo de fomentar e estimular a actividade coral en Galicia, promovendo a excelencia artística, o intercambio de experiencias e a interpretación de música de autores galegos. Convidámosvos a ser parte desta primeira edición histórica, que se celebrará nun marco incomparable como é o Auditorio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.


As datas establecidas son o venres, 31 de outubro de 2025 (tarde) para a Sección Segunda (Corais Infantís e Xuvenís), e o sábado, 1 de novembro de 2025 (tarde) para a Sección Primeira (Corais de Adultos).

As bases completas do certame adxúntanse a este correo.


Para formalizar a vosa inscrición, debedes cubrir o formulario de inscrición, cuxo enlace atoparedes tamén nas bases. Agardamos contar coa vosa participación para facer deste evento un éxito memorable e unha celebración do canto coral galego.



Un cordial saúdo,

Federación Coral Galega

660 776 473



Bases:









 
 
 

Comentarios


bottom of page