Bo Nadal e os nosos mellores desexos para o 2026
- fecogasocial
- 31 dic 2025
- 1 Min. de lectura
Estimados amigos, amigas e compañeiros da familia coral:
Nestas datas nas que as axendas están a tope de concertos e actuacións, dende a Directiva de FECOGA queriamos parar un momento para saudarvos. Sabemos que son días intensos, de moito movemento e de compartir escenario cos vosos compañeiros.
Ante todo, escribimos estas liñas para darvos as grazas. É un orgullo para nós estar á fronte da Federación e representar a un grupo con tanta calidade humana e artística. Grazas por confiar en nós para xestionar este proxecto común; ver que o tecido coral galego segue forte e activo é a mellor parte do noso traballo. Vós sodes os que facedes que isto teña sentido e funcione no día a día.
De cara ao 2026, o noso obxectivo segue sendo o mesmo: traballar para vos e que vos sintades como na casa. Para manter a boa organización de sempre, lembrade que as consultas sobre a lotaría de nadal se atenderán unicamente no correo lotaria@coros.gal e non por outras vías; así axilizamos o traballo mentres nós nos centramos nos novos proxectos. É un privilexio ver o talento que tedes e como mantedes viva a afección polo canto en Galicia.
Desexamos que pasedes unhas moi boas festas e que o 2026 veña con saúde e moitos éxitos para os vosos coros. Que sigamos cantando xuntos e demostrando a forza que ten a nosa cultura.
Por último, avisarvos de que en FECOGA paramos uns días; estaremos de vacacións ata o 12 de xaneiro, data na que volveremos con enerxías renovadas.
Bo Nadal e Feliz Aninovo.
Unha forte aperta,
A Directiva da Federación Coral Galega (FECOGA)

Comentarios