top of page

Bases Galicia Canta 2026

Estimados/as presidentes/as e representantes das corais federadas:

Por medio do presente comunicado, comunicámosvos que quedan oficialmente publicadas as Bases que regulan a concesión de patrocinios para as actividades corais do Ciclo Galicia Canta 2026.

Adxuntamos a documentación completa (Bases e Anexos).


IMPORTANTE: LECTURA DAS BASES E NOVIDADES Rogamos encarecidamente que realicedes unha lectura exhaustiva e detida do documento de bases adxunto. Introducimos modificacións e novos requisitos respecto a convocatorias anteriores co firme propósito de seguir reforzando a equidade, a transparencia e a igualdade de oportunidades entre todas as entidades federadas. Nestas bases detállanse con absoluta precisión todos os procedementos, prazos e criterios de valoración, co fin de garantir a máxima claridade no proceso. A correcta tramitación da vosa solicitude dependerá do cumprimento estrito do estipulado no texto.


Absolutamente todos os procedementos, prazos, obrigas de publicidade e criterios de valoración están explicados con detalle no documento. A correcta tramitación da vosa solicitude depende do cumprimento estrito do estipulado no texto.


IMPORTE DOS PATROCINIOS Queremos aclarar que esta convocatoria ábrese para a solicitude e aprobación das actividades. Non obstante, o importe económico final de cada patrocinio descoñécese neste momento, xa que dependerá integramente dos fondos resultantes do convenio que se asine proximamente coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.


COBRO DA COTA ANUAL Informamos tamén de que o cobro da cota anual de federado realizarase de xeito automático entre esta semana e a vindeira. O cargo xirarase directamente nas contas bancarias que constan actualmente no rexistro da Federación. Polo tanto, non é preciso que realicedes ningunha xestión nin transferencia; o proceso é automático.


Quedamos á vosa disposición para recibir as vosas solicitudes dentro do prazo establecido nas bases.

Atentamente,


👉 Consulta aquí as Bases Completas e anexos:




 
 
 

Comentarios


bottom of page