Axudas Dixitalización e Mocidade 2025
- fecogasocial
- 1 jun
- 1 Min. de lectura
Estimadas corais federadas,
Dende a Federación Coral Galega (FECOGA) queremos informarvos do lanzamento da nosa nova liña de axudas "Dixitalización e Mocidade". Esta iniciativa busca apoiar proxectos que vinculen a música coral coas novas xeracións, empregando as ferramentas dixitais e as redes sociais como vehículos principais de difusión e captación.
Poderán optar a estas axudas todas as corais federadas en FECOGA que estean ao corrente das súas obrigas coa Federación no ano 2025. A convocatoria conta cunha dotación total de 13.000,00 €, sendo a contía máxima que se poderá conceder por proxecto de 1.000,00 €.
O prazo para presentar solicitudes comezará o luns, 2 de xuño de 2025, e rematará o venres, 6 de xuño de 2025, ás 14:30 horas. As solicitudes deberán enviarse a través do correo electrónico oficial da Federación: federacion@coros.gal. É importante ter en conta que non se admitirán solicitudes fóra deste prazo establecido. Animámosvos a participar nesta convocatoria competitiva e a presentar as vosas propostas para achegar a música coral aos máis novos.
Recordamos a importancia de ler as bases e quedamos á vosa disposición para calquera consulta relativa ás mesmas.
Saúdos,
A directiva da Federación Coral Galega
Bases:
Anexos para a solicitude:
Anexos para a xustificación:
コメント