top of page

Asemblea Xeral Ordinaria 2026

Bo día.

Pola presente, convocamos formalmente á súa entidade á Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Coral Galega, que terá lugar o vindeiro sábado 11 de abril de 2026 no Auditorio 1 do CINC, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. A primeira convocatoria está fixada para as 10:00 horas e a segunda para as 10:30 horas.


Xunto con esta comunicación, atoparán adxuntos os seguintes documentos:


Así mesmo, informámoslles de que, antes do inicio do apartado de rogos e preguntas, haberá un intermedio para o descanso que incluirá un servizo de café e buffet libre de produtos doces. Para participar nesta pausa de convivencia, os interesados deberán inscribirse e aboar a contía de 9 € por asistente antes do luns 6 de abril. As instrucións de pagamento e a ligazón ao formulario de inscrición están dispoñibles na documentación anexa.


Teñen á súa disposición todos os datos técnicos e loxísticos nos anexos a este correo.


 
 
 

Comentarios


bottom of page