A nova páxina web de FECOGA
- fecogasocial
- 30 abr
- 1 Min. de lectura
Estimadas corais,
Durante estes meses o equipo técnico da Federación Coral Galega estivo a traballar para poder contar con esta nova páxina web que nos orgullece estrear.
Como comprobaredes, a páxina está adaptada ás funcionalidades e necesidades do 2025, dispoñendo de apartados novidosos como a consulta do arquivo de partituras da Federación Coral Galega.
Animámosvos a indagar nas distintas seccións e ver todo o que a Federación Coral Galega ofrece!
Para calquera consulta ou incidencia quedamos á vosa disposición en federacion@coros.gal
Saúdos,
Federación Coral Galega
Comments